Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Rede de Decrecemento constrúe a súa alternativa socio-económica no Casino1889

Palestra El Bierzo no Casino Carballo
A Rede de Decrecemento constrúe a súa alternativa socio-económica no Casino1889

Este sábado día 21 de maio ás 19:30, terá lugar no local do Casino de Carballo unha palestra informativa sobre "Decrecemento: construíndo alternativa", con Miguel Anxo Abraira, presidente da Rede para o Decrecemento Eo-Navia, Galicia e Bierzo.

O discurso é rotundo: “Non é posible manter un crecemento económico infinito nun mundo de recursos finitos sen bater contra as máis elementais leis da física e sen provocar un desastre ambiental que pon en perigo mesmo a supervivencia da especie humana. Fronte ó PIB coma santo grial das políticas económicas que só é posible manter a base da extracción e consumo de recursos, o Decrecemento defende a adecuación da actividade humana, social e económica ós límites físicos e medioambientais do planeta no que vivimos.
Hoxe asistimos á rotura das costuras do sistema económico imperante dende a revolución industrial, vítima da escaseza enerxética e dos límites do crecemento. Urxe relocalizar a economía, reemplazar a febre do consumismo por placeres máis profundos, como a comunidade, as actividades creativas como as artes ou o cultivo do nosos propios alimentos, adicar tempo ó voluntariado para o ben común, compartir recursos, reciclar e reutilizar, participar na democracia directa e desenvolver alternativas a unha economía baseada nas ganancias”
.

Comentarios