luns. 15.12.2025
El tiempo

BNG e Galiza Nova levan ao Parlamento medidas para mellorar o transporte público entre A Coruña, Carballo e Fisterra

Esperando o bus en Carballo con Galiza Nova
BNG e Galiza Nova levan ao Parlamento medidas para mellorar o transporte público entre A Coruña, Carballo e Fisterra

Continúan os problemas no transporte interurbano na comarca, e non só por mor da folga destas semanas. Este mesmo sábado, o BNG e Galiza Nova realizaban unha xuntanza nunha parada de bus de Carballo, e comprobaban como un autobús levaba media hora de retraso...

O deputado nacionalista de Bergantiños e Costa da Morte, Óscar Insua, reuniuse coas responsables do BNG de Carballo, Inés Rodríguez, e de Galiza Nova Bergantiños, Carolina Pacoret, así coma con outros membros de ámbalas organizacións, para dar conta da nova iniciativa parlamentaria que vén de presentar o BNG en relación co transporte público.

A veciñanza atópase con dous contratempos na estación de autobuses de Carballo e da Coruña. Cando queren desprazarse de Carballo á Coruña, o autobús dispón de moi poucas prazas, porque estas están ocupadas por outros usuarios que proveñen da costa da Morte, xa que este é o mesmo que provén de Fisterra e Cee, e teñen que esperar á seguinte viaxe, que moitas das veces non é directa son traxectos dunha duración de casi o dobre de tempo. E cando queren desprazarse da Coruña á Carballo, non se respecta a orde de chegada na cola de embarque, e é a empresa concesionaria a que prioriza ás persoas que viaxan até o final da ruta a Fisterra, excluíndo ás que se dirixen a destinos intermedios como é o caso de Carballo, quedando apeados na estación coruñesa. 

Esa prioridade foi ratificada pola Xunta e a propia concesionaria Autos Carballo, S.L como algo normal, pero demostrando que se trata dunha medida economicista.

"A mobilidade sustentable supón entender o transporte como un dereito universal, adaptado ás necesidades das persoas e poñendo o foco na mobilidade activa e no transporte público como principais alternativas para a cidadanía", piden dende o BNG, que van solicitar á Xunta no Parlamento: 

  • 1- Comunicarlle oficialmente á empresa concesionaria dos traxectos Carballo- A Coruña que non está permitido establecer prioridades de embarque no transporte público e a informar publicamente desta cuestión para o coñecemento de todos os usuarios.
  • 2- Reforzar a liña directa Carballo-A Coruña, establecendo máis frecuencias que partan das dúas estacións, nomeadamente nas franxas horarias de maior demanda.
  • 3- Adoptar as sancións e as penalidades contractuais que procedan polos feitos acontecidos e confirmados pola propia empresa concesionaria.”

Máis novas

Comentarios