Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os Bombeiros de Carballo sufocan un incendio dun camión na Avenida Milagrosa

Os Bombeiros de Carballo sufocan un incendio dun camión na Avenida Milagrosa

Pasadas as 13:30 deste mércores, un fume negro invadía a zona da Milagrosa, en Carballo. O neumático dun camión con remolque comezaba a arder pola cara interior, tendo o perigo de que o remolque estaba cargado de madeira.

Os Bombeiros chegaron con rapidez, e procederon á extinción do lume da roda e a refrixeración da roda xemelga e o eixe. Descoñécese a orixe do lume, que só afectou á mencionada roda e ao coxín da suspensión neumática máis próximo ao incendio; o resto do remolque e a carga non se viron afectados.

1 cabo e 2 bombeiros, 500 litros de auga e a colaboración da Garda Civil, SMPC Carballo e Policía Local foron necesarios para sufocar o incendio urbano.

Comentarios