Os Bombeiros de Carballo sufocan un incendio nunha nave do polígono de Bértoa
Afortunadamente non houbo máis que danos materiais, xa que os traballadores da empresa afectada evacuaron a nave de inmediato. Pero o incendio acontecido esta tarde de luns (arredor das 16:00h) deixa secuelas nas fábrica de maquinaria agrícola situada na Rúa Titanio do Polígono de Bértoa.
Os Bombeiros acodiían de inmediato, avisados polo 112, e comprobaron que o lume estaba localizado na cabina de pintura, no interior da nave. Segundo os traballadores, o lume iniciouse na zona do filtro, na parte superior da cabina.
Os Bombeiros necesitaron empregar uns 2.000 litros de auga. O lume, ademais de arrasar con todo o interior, afectou tamén ao recubrimento da fachada e a unha pequena parte da cuberta. Na zona da cabina había numerosos envases de pintura e disolvente. O resto da nave só se viu afectada polo fume.