Camariñas e Carballo únense ao programa de educación afectivo-sexual “Quéreme ben” de Vieiro

14:33 01/04/19
A Asociación Vieiro dentro da programación no ámbito educativo pon en marcha o programa de educación afectivo-sexual: “Quéreme ben” co alumnado de Educación Secundaria dos IES Alfredo Brañas, Monte Neme e Parga Pondal de Carballo e no Plurilingüe Pedra dá Aguia de Ponte do Porto.
Son sesións, en plena adolescencia, para tratar con naturalidade o aspecto sexual, para cultivar unha ética para as relacións interpersonales e adquirir habilidades para a construción dunhas relacións saudables, satisfactorias, responsables e non discriminatorias.
O equipo de profesionais de Vieiro que o impartirá está composto por: Dalila Vizcaíno Regueira (pedagoga), Patricia Rodríguez Villar, e Eva Periscal García (psicóloga) e EVA (educadora social).
Novas relacionadas
- Cruz Vermella Terra de Soneira continúa sensibilizando á mocidade da comarca en educación sexual e drogas.
- Vieiro prepara a horta social do CEIP de Sofán.
- O gabinete xurídico de Vieiro describe o seu usuario tipo para abrir as súas portas.
- Home cocainómano de entre 19 e 29 anos, o perfil máis tratado por Vieiro.
- Vieiro constata o uso abusivo das novas tecnoloxías entre os menores.