Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Íntegro axuda a avaliar a accesibilidade de Carballo

Integro axuda a mellorar a accesibilidade de carballo
Integro axuda a mellorar a accesibilidade de carballo
Íntegro axuda a avaliar a accesibilidade de Carballo

No marco da Semana Europea da Mobilidade, que xa deixou unha boa serie de actividades, responsables da Asociación Íntegro pegáronse un bo paseo por Carballo para mellorar a accesibilidade nos distintos barrios urbanos. Unha colaboración que xa vén dende hai anos, co gallo do Día da Accesibilidade.

A xornada, ademais de incluír unha ruta para “chequear” o estado das beirarrúas dos barrios da Milagrosa e A Cristina , focalizouse nunha campaña de concienciación sobre os aparcamentos reservados para persoas con mobilidade reducida. Para iso ocupáronse de varias prazas de aparcamento da rúa Cervantes con cadeiras de rodas e distintas axudas técnicas, xunto con carteis nos que podían lerse algunhas das “escusas” utilizadas con máis frecuencia polas persoas que ocupan as prazas para persoas con mobilidade reducida: “Son só 5 minutiños”, “Será só un momentiño”, “Volvo nun santiamén”, “Non teño tarxeta... pero non pasa nada, non?”, “Non sabía que aquí non podía aparcar”…

Rua carballesa

“O que queremos simbolizar”, explicou Adolfo López Baña, presidente de Íntegro, “como se sente un cidadá cando lle ocupan unha praza de aparcamento e non pode aparcar. Pois a nós moitas veces pásanos o mesmo”. Dende Íntegro inténtase reivindicar, por unha banda, “que o noso tempo vale o mesmo e que as prazas reservadas non son un capricho, senón unha necesidade”, pero tamén que existe fraude de lei no uso das tarxetas “por usuarios que non teñen discapacidade, e iso, ademais dun fraude, moralmente é tamén algo reprobable”.

A Semana Europea da Mobilidade remata hoxe coa colocación de aparcabicis e o pintado de rutas do pedibús.

ruta_accesibilidade pola Milagrosa-Carballo
Ruta pola Milagrosa para analizar a súa accesibilidade

Novas relacionadas

Comentarios