sábado. 31.05.2025
El tiempo

O carballés Xosé Ramón Freixeiro Mato recibe un dos Premios Rosalía de Castro de Lingua

  • A ACP Ponte... nas ondas! e os proxectos CeibaRimas e Galego completaron o elenco recoñecido pola Deputación na XVI edición destes galardóns​.
Xosé Ramón Freixeiro Mato-AELG
Xosé Ramón Freixeiro Mato-Foto: AELG
O carballés Xosé Ramón Freixeiro Mato recibe un dos Premios Rosalía de Castro de Lingua

Vén de facer pública a Deputación da Coruña, as catro propostas gañadoras do XVI Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación. Nun certame ao que concorreron 32 candidaturas, estes catro gañadores recibirán un premio de 5.000€, gracias á decisión dun xurado presidido pola deputada de Lingua, Soledad Agra, tivo como vocais os gañadores da pasada edición: a escritora, sociolingüista, política e profesora Pilar García Negro Pilar García Negro; a pedagoga Mariló Candedo Gunturiz, en representación de Nova Escola Galega, e o profesor e músico Arcadio González Nóvoa, do proxecto Aquí tamén se fala. Como secretaria actuou Dores Sánchez Alegre, técnica de normalización lingüística da Deputación.

Un dos recoñecidos é filólogo e catedrático emérito carballés Xosé Ramón Freixeiro Mato, na categoría A, formulado para persoas que destaquen na promoción da lingua galega de calidade e cunha identidade propia e unhas características xenuínas para empregala en todos os ambientes e con todos os estratos sociais). O Freixeiro Mato “por ser un dos máis recoñecidos especialistas da lingua galega a nivel nacional e internacional, cunha brillante traxectoria desde os seus inicios no mundo do ensino até á actualidade”. “Freixeiro Mato”, valorou o comité avaliador, “representa unha figura incuestionable na defensa, estudo e promoción social do idioma, con multitude de traballos e actividades con tales encomendas, requirida tanto en congresos para especialistas canto en entidades e encontros de menores dimensións, mais comprometidos co futuro do galego”.

Ademais, na categoría para iniciativas leva o galardón a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas ondas!, na categoría B, para entidades, e os proxectos CeibaRimas e Galego para peques, galardoados ‘ex aequo’ na categoría C, a das iniciativas de dinamización para a poboación de menor idade.

Comentarios