Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carballo acometerá mínimos retoques ao PXOM

Carballo acometerá mínimos retoques ao PXOM
Milagros Lantes e Evencio Ferrero explicando as modificacions sobre o PXOM

”A necesidade de que conste unha comunicación á Consellería de Facenda da Xunta da aprobación inicial e provisional do PXOM”; ou “a inclusión dunha cuadrícula de "servidume de estradas", un plano de ordenación do núcleo rural do Quinto e unha xustificación dos criterios das Directrices de Ordenación do Territorio”. Esas son as “nimias cuestións”, como calificou o alcalde carballés Evencio Ferrero, nos requerimentos da Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta respecto da "integridade documental" do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Carballo.

Así o anunciaban alcalde e a Concelleira de Planificación e Desenvolvemento Urbano, Milagros Lantes, despois da Comisión informativa de urbanismo e medio rural, coa presenza de todos os voceiros municipais.
Non obstante, o terceiro aspecto refírese a dous ámbitos, o UU-R13 e o UU-R14, que están afectados pola zona de fluxo preferente recollida nos mapas de zonas inundables do Plan Hidrográfico de Galicia Costa que está en proceso de ser aprobado definitivamente pola Xunta. Son dous ámbitos de solo urbano non consolidado que se informan "desfavorablemente" e que están situados na zona do San Martiño e nunha área na contorna da rúa Vila de Negreira da capital municipal.

Así, por unanimidade, a comisión ao completo decidíu elaborar unha xustificación na que se expliquen os motivos polos que estes ámbitos están incluídos no Plan Xeral de Ordenación Municipal e, ademais, especificarase nas fichas do UU-R13 e do UU-R14 que calquera desenvolvemento futuro que afecte a estas zonas deberá contar cun informe favorable de Augas de Galicia.

Novos prazos

O Alcalde espera que a final de semana podan remitirse as subsanacións para poder continuar co proceso de aprobación definitiva do PXOM. Unha vez a Xunta reciba toda a documentación, poderá ditaminar nun prazo de dous meses a aprobación ou o rexeitamento do PXOM, unha aprobación parcial ou unha aprobación con condicións do planeamento.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios