Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Concello de Carballo ratifica que o PXOM conta con todos os informes de Augas de Galicia

O Concello de Carballo ratifica que o PXOM conta con todos os informes de Augas de Galicia
Marcos Trigo Milagros Lantes Evencio Ferrero e Luis Lamas explicando o PXOM de Carballo

Nada máis aprobar o pleno carballés o PXOM, saltaban as alarmas ante a aparición pública da responsable de Augas de Galicia sinalando que “o documento non conta con todos os seus informes preceptivos”. Unha situación “difícil de entender” para o alcalde Evencio Ferrero, que o mesmo día do pleno chamou a Encarnación Rivas, Secretaria Xeral de Urbanismo, para facerlle chegar a nova da aprobación.

En todo caso, e para despexar dúbidas, a pasada mañá, o Concello de Carballo presentaba en rolda de prensa todos os informen que avalan que PXOM aprobado provisionalmente conta con toda a documentación esixida por Augas de Galicia. Aseguraron que toda a corporación coñecía que “os requisitos de Augas de Galicia están cumpridos”.

Milagros Lantes, Concelleira de Planificación e Desenvolvemento Urbano, recordou que “os requisitos que a Lei de Augas 9/2010 esixe para a aprobación dun plan de urbanismo, só son o informe de Augas de Galicia previo á aprobación inicial do documento, un ditame que está nas dependencias municipais dende o 5 de decembro de 2011, e no que se informa "favorablemente" o Plan Xeral de Ordenación Municipal”.

O caso é que despois da anulación do PXOM no 2003, o Concello solicitou un novo informe, remitindo a documntación en febreiro de 2013. Augas tardou en responder 21 meses, en decembro de 2014, hai apenas un mes, cun segundo informe que, de novo, na maioría dos seus puntos, favorable ao plan.
E matizan: “Os informes de todos os técnicos municipais referendan que o PXOM aprobado o 2 de febreiro no pleno anexa estes mapas, a pesar de que aínda non contan coa aprobación definitiva do departamento autonómico e están en fase de resolución de alegacións, algunas presentadas, precisamente, pola administración carballesa”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios