Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carballo aprobou por unanimidade 30 quilos de de PXOM

Carballo aprobou por unanimidade 30 quilos de de PXOM
Pleno carballes onde se aprobou o PXOM

Despois de 11 anos de tramitación, e 47 xuntanzas entre técnicos e corporativos, o pleno do Concello de Carballo aprobaba onte, por unanimidade, o tan necesario Plan Xeral de Ordenación Municipal. Era necesario o compromiso de toda a corporación, xa que a vixencia, de 16 anos, requería maioría absoluta. E o pleno respondeu.

Con este novo documento, que pesa nada menos que 30 kilos, o Concello deixaría de rexerse polas normas subsidiarias dos anos 80, en vigor dende a anulación por sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) do PXOM de 2003.

Agora tócalle á Xunta darlle o visto bo, e facer a aprobación definitiva, despois de que toda a oposición (se ben Terra Galega asegurou que “mellor ter un mal plan aprobado que non ter plan”) demostrase o seu compromiso, aprobado despoos de engadir as modificacións suxeridas polos distintos informes sectoriais emitidos pola Xunta e especialmente o reflectido na Memoria Ambiental, documento recibido no Concello a primeiros do mes de decembro.

Controlar o crecemento

O PXOM, esta ferramenta de xestión, servirá para seguir fomentando o crecemento, pero dende o control. O PXOM mantén unha capacidade residencial practicamente inalterable respecto da aprobación inicial, con 30.002 vivendas (máis de 12.000 novas), co obxectivo de concentrar o crecemento en "solo urbano consolidado", priorizándose o colmatado das medianeiras e das parcelas baleiras fronte a novas construcións. Segundo o documento, "o exceso de solo urbanizable" vén dado porque un dos obxectivos prioritarios debería ser "o remate das tramas urbanas existentes" ao tratarse Carballo dunha vila con "presenza de entramados inacabados”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios