Luns. 14.10.2024
El tiempo

Carballo arrinca 3 meses de “Cultura con Forza”

Carballo cultura_con_forza
Na presentación participaron Galeb Jaber Ibrahim, presidente de honra da Fundación Araguaney; Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; o alcalde Evencio Ferrero; Marcos Trigo, Concelleiro de Cultura; e, vía telemática, e Jacobo Sutil, director da Agadic.
Carballo arrinca 3 meses de “Cultura con Forza”

Vai volvendo a normalidade á vida cultural carballesa. E así se refrenda co novo programa “Carballo con Forza”. Entre este mes e o de maio desenvolveranse máis de 25 actividades no marco dos “Venres Culturais”, a “Primavera enDanza”, o “Amal en Ruta” ou O Curruncho Pop, xa presentado a semana pasada.
Así, en 3 meses haberá 5 proxeccións de cine, 5 espectáculos de teatro para adultos/as, 3 funcións do ciclo En Familia, 1 actuación musical, 5 espectáculos de danza, 3 exposicións, 2 obras de teatro escolar cunha ducia de funcións, contacontos, concertos do Conservatorio Profesional de Música, 5 concertos na Biblioteca…

“Volvemos a reafirmar a importancia da cultura, da súa riqueza, da súa diversidade, da súa vitalidade tamén nos temos máis incertos, da súa pluralidade, da súa fertilidade e creatividade, da súa capacidade para vencer resistencias, para achegarnos a súa enerxía, enriquecernos e darnos pulo. E poñemos en valor esa expresión tan carballesa para reivindicar a vitalidade e a fartura que atopamos na cultura”, sinalou o concelleiro Marcos Trigo.

O deputado provincial Xurxo Couto quixo poñer en valor o traballo do Concello de Carballo, “un referente en programación cultural”, e destacou varias actividades do programa como a homenaxe teatral a Roberto Vidal Bolaño no seu 20º cabodano, un concerto do premio Narf ou a exposición “100 anos da bandeira galega”, que pasará pola capital.

Exposicións

Recollemos aquí as exposicións:

  • #CMPL (Como mirar por luz) de Raúl Marín. Do 9 de febreiro ao 7 de marzo no Andar -1 do Pazo da Cultura.
  • 1921-2021. 100 anos da bandeira galega no Palacio Municipal da Coruña. Do 9 de marzo ao 11 de abril no Andar 0 e andar -1 do Pazo da Cultura.
  • Alberto Gende I Encher o baleiro. Do 11 de marzo ao 11 de abril na Sala de exposicións Alberto Gende, 3º andar do Pazo da Cultura.

Comentarios