Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carballo busca 2.000 familias que se unan á recollida selectiva de residuos orgánicos

Carballo busca 2.000 familias que se unan á recollida selectiva de residuos orgánicos
sogama-recollida-selectiva Distribuiranse polo casco urbán contedores para a recollida selectiva de residuos O concello de Carballo e Sogama poñerán proximamente en marcha unha nova experiencia de recollida selectiva de residuos orgánicos e na que poderán participar inicialmente un total de 2.000 familias. Dalgún xeito, como explicaron o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, trátase de darlle continuidade ao exitoso proxecto piloto “Ti tes a chave”, que se levou a cabo no barrio da Milagrosa, e de estendelo a todo o casco urbano. O sistema de funcionamento será moi semellante, pero agora haberá 2.000 chaves, é dicir, 2.000 familias voluntarias. Con cargo ao Plan Único Adicional, o concello de Carballo xa ten prevista e aprobada a adquisición dos primeiros 151 contedores de cor marrón que se colocarán nas distintas zonas do casco urbano a disposición das persoas interesadas. Sogama colaborará na formación do voluntariado e nas futuras ampliacións da rede de recollida. “Temos a intención de facer esa implantación progresiva para poder garantir a calidade da materia orgánica e que, como se conseguiu na Milagrosa, os impropios sexan os menos posibles”, manifestou o alcalde. A posta en marcha da iniciativa está pendente, por unha banda, de que a Deputación da Coruña dea vía libre á contratación dos proxectos financiados con cargo ao Plan Único Adicional, e, por outra, á posta en marcha da planta de compostaxe de Sogama, para a cal xa hai data de inauguración. Vermicompostaxe Pero as iniciativas promovidas desde o Concello para mellorar a xestión dos residuos non quedan aí. En Carballo xa son 150 as familias do rural que están colaborando na redución de residuos por medio da compostaxe caseira. E este sábado arrancará un novo proxecto de vermicompostaxe pioneiro en Galicia. Comezaremos con 22 vermicomposteiros que se xestionarán cunha nova tecnoloxía para o tratamento dos residuos orgánicos. Este tratamento realízase con “miñocas” que se incorporan no vermicomposteiro. A implantación correrá a cargo da empresa especializada Ecocelta, que leva a asistencia técnica do programa no que participan Sogama e o concello. Para mañá ás 10:30 horas están convocadas no Fórum Carballo as 22 familias inscritas para ofrecerlles unha formación previa e facerlles entrega dos medios materiais precisos. As persoas que non poidan asistir deberán poñerse en contacto co Concello de Carballo. Novas relacionadas Fonte

Comentarios