luns. 02.12.2024
El tiempo

Carballo conta as horas para a Festa do Bosque

Baixada de Barcos de Papel na Festa do Anllons de 2015-Foto-Jmaceda
Baixada de Barcos de Papel na Festa do Anllóns de 2015-Foto-Jmaceda
Carballo conta as horas para a Festa do Bosque

Moito botan en falta por Carballo a romaría da Festa do Bosque. Ese día no que o Bosque do Añón acolle centos de familias para celebrar un día para lembrar, que peche estas históricas festas do San Xoán. A cita, este domingo 3 de xullo de 2022.

Se dende ben cedo, rollo 10:00-11:00h as familias xa van collendo sitio, será a partir das 13:00h cando O Tren da Unha comece a meter festa coa súa sesión vermú musiqueira.

Mentres, poden pasar polo posto que o Casino 1889, que terán un espazo estupendo onde ofrecen uns viños. Podes aproveitar para facerte cunha das camisoltas de "Salva O Casino", pois apenas quedarán 10 días para un dos días máis importantes da súa historia moderna: o 12 é o xuízo.

nel copia 4

Concurso de sobremesas

Unha das citas singulares será o Concurso de Sobremesas, que comezará ás 16:30h (a inscricón faise de 13:00h a 16:00h). Non hai máis restricións que o que sexa feita na casa, e haberá dúas categorías: ao sabor e á presentación.

O xurado estará constituído por cinco persoas elixidas ao azar entre o público. Os trofeos están patrocinados pola Pastelaría San Luís.

Baixada de Barcos de Papel

Despois dos Xogos Populares (que se abrirán de 17:30 en diante) terá lugar o «108º Concurso mundial de baixada de barcos de papel por auga doce». Os barcos deben ser feitos artesanalmente, en papel, cartol ou cartolina (nada de plástico, madeira…), pero se admiten todos os tamaños, formatos, cores… nin motores de ningún tipo.

Haberá premios pola orixinalidade e pola velocidade.

Baixada de Barcos de Papel na Festa do Anllons de 2014

Comentarios