O Xuízo que decidirá o futuro do Casino adíase ao 12 de xullo

En medio do maratón de actividades e a apenas 3 días do xuízo, a familia do Casino recibe a notificación de que o xuízo se retrasa ata o 12 de xullo. Unha petición de suspenso pola outra parte implicada no proceso xudicial, por mor dun incidente coa citación das testemuñas a declarar, provoca o retraso.
”O avogado da sociedade propietaria do inmoble contactou con Carlos Abal, o letrado da Asociación Cultural Casino, para realizaren un escrito de suspensión conxunto, ao que o Casino se negou, xa que o que piden dende a asociación é que se realice o xuízo o antes posible para rematar con este proceso que ten en vilo a todos os socios, socias e veciñanza de Carballo”, explican. De feito, dende o Casino intentouse evitar a suspensión chamando por teléfono ás testemuñas para que acudiran igualmente o martes, pero ante a petición da outra parte, ao Xulgado non lle quedou máis remedio que cancelar o xuízo, que xa se viña retrasando dende 2018.
A pesar das continxencias, dende o Casino seguen loitando para manter viva a cultura da vila e conservar un dos únicos edificios históricos que quedan en pé na localidade, que hoxe en día pasa por ser o motor cultural da vila. Para iso, esta fin de semana realizarase unha maratón de actividades en apoio da organización na que haberá un espectáculo de maxia, obradoiros de teatro para os máis cativos, concertos e, coma sempre, encontros entre toda a poboación local.
NOVAS SOBRE O XUÍZO DO CASINO
- 04-03-222: Un maratón de actividades para #SalvaroCasino.
- 28-02-022: A presión inmobiliaria ameaza o emblemático Casino de Carballo.
- Febreiro 2022: Un mes para salvar o Casino.
- Abril 2020: O xuízo pola propiedade do Casino 1889 terá que agardar.
- Marzo 2020: Xa hai data para o xuízo do edificio do Casino: “Contamos coa baza social para vencer á especulación”.
- Febreiro 19: O Casino 1889 quere recuperar o seu mítico bar e afía armas para o xuízo pola propiedade.
- Setembro 18: A “Xente Bonita” salva o Casino
- Agosto 18: Os socios e colaboradores salvarán o Casino cos seus microcréditos.
- Outubro 18: O Casino de Carballo, ou como a cultura pode ser pasto da especulación
- Abril 18: O Casino renace coas portas máis abertas que nunca.
MÁIS NOVAS
- O Casino, de documental galego en documental galego.
- O Casino1889, cheo de actividades durante a semana.