Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carballo contará cun novo aparcamento na zona da Cristina

aparcamento Cristina Carballo
Carballo contará cun novo aparcamento na zona da Cristina

Mediando o sistema de comodato (cesión provisional do solo por parte dos seus propietarios a cambio da exención de impostos), o Concello de Carballo está aumentando a serie de aparcamentos en toda a vila. Coa zona de aparcamento que están acondicionando nunha parcela de 3.600 cadrados na Cristina, e que permitirá abrir 600 novas prazas, o Concello xa ofrece 2.300 espazos para estacionar.

As principais zonas están en:

  • Rego da Balsa: 800 prazas en 12 parcelas
  • Centro Comercial Bergantiños (terreo municipal): 210 prazas.
  • O resto de prazas entre Hospital, A Granxa, A Milagrosa, O Chorís, o San Martiño e o centro.

Hai previsto habilitar a curto prazo dous novos espazos na rúa Gravador Facal.

As persoas interesadas en ceder os seus solares mentres non os precisen para outro destino poden poñerse en contacto co Concello no 981704100 ou a través do enderezo electrónico [email protected].
 

Comentarios