venres. 14.11.2025
El tiempo

Vilas en Flor: "A calidade da paisaxe é calidade de vida"

  • Carballo, A Laracha, Vimianzo e Ponteceso recibiron os seus distintivos polo coidado floral de espazos comúns
Carballo. A Coruña
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participa na entrega dos galardóns Vilas en flor.
14/11/2025
Foto: Moncho Fuentes/AGN A Coruña 
O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o presidente da Fundación JUana de Vega Enrique Sáez, na entrega dos galardóns Vilas en flor. Foto: Moncho Fuentes/AGN A Coruña
Vilas en Flor: "A calidade da paisaxe é calidade de vida"

Acolleu esta mañá de venres 14 de novembro o Forum Carballo a entrega dos recoñementos do programa Vilas en Flor. Unha iniciativa impulsada pola Fundación Juan de Vega que supón un importante recoñecemento á revitalización de espazos e servizos públicos mediante actuacións en torno a tres eixos clave: a conservación e o impulso do patrimonio vexetal e paisaxístico; o respecto polo medio ambiente e a sostibilidade, e o uso social e as sinerxías coa actividade turística.

Desde 2018, o movemento Vilas en Flor Galicia ten como obxectivo mellorar a planificación, o deseño e a xestión das zonas verdes, urbanas e rurais nos municipios galegos de menos de 40.000 habitantes. A filosofía deste programa persegue unha mirada máis ecolóxica e sostible ao territorio, tanto desde un prisma estético como ecofuncional, entendendo o resultado, a paisaxe, como un escenario sinérxico onde conflúen valores ambientais, culturais, históricos e sociais para alcanzar mellores sitios para vivir para os seus habitantes.

Na primeira edición foron 5 os concellos recoñecidos; este venres foron 41 os que recolleron 1, 2, e ou 4 Flores de Honra, en función do seu compromiso coa humanización verde do espazos urbanos.

Vilas en flor entrega Carballo 2026 2
Equipo carballés recollendo as 4 Flores de Honra

Entre eles temos xa 4 concellos da Costa da Morte, entre os que destaca o de Carballo, que recibiu a máxima calificación, 4 Flores de Honra, xunto cos concellos de Allariz, Chantada, Salceda de Caselas e Tomiño.

Vilas en Flor en alcalde Laracha
Vilas en Flor en alcalde Laracha

A Laracha e Vimianzo recibiron 3 Flores de Honra, como tamén o fixeron os concellos de Arteixo, Caldas de Reis, Cambados, Carballiño, Lalín, As Pontes de García Rodríguez, O Rosal, Salvaterra de Miño, San Sadurniño, As Somozas e Vilagarcía de Arousa.

Monica Rodriguez recibindo as Vilas en Flor para Vimianzo
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez recibindo o diploma

Ademais, Ponteceso recibiu 1 Flor de Honra, como os de Covelo, Culleredo, A Estrada, Mondariz, Mos, As Neves, Pobra de Trives e San Xoán de Río.

Quedan por nomear os municipios de Abegondo, Cuntis, Curtis, A Guarda, Leiro, Manzaneda, Marín, Mondariz-Balneario, Oza-Cesuras, Ponteareas, Sada, Sanxenxo, Sarria e Tui, que recibiron 2 Flores de Honra.

Jualia Ures Vilas en Flor-Premio Ponteceso
Julia Ures recibindo o recoñecemento para Ponteceso

”A calidade da paisaxe é calidade de vida”

Vilas en flor entrega Carballo 2026

Durante o seu discurso de benvida, o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez Ponte, non esqueceu os beneficios ambientais, sociais, económicos, pero tamén culturais de Vilas en Flor. “A través deste programa promocionamos a mellora dos espazos comúns nos que convivimos, polos que pasamos todos os días. A calidade da paisaxe é calidade de vida. É das poucas cousas das que desfrutamos e que son gratis para todo o mundo, ricos e pobres. A boa paisaxe é democracia, cómpre levala a todas partes”. Na súa reflexión tamén sinalou que “as cousas bonitas, ben feitas crean cultura avanzada, transmiten un xeito de facer ben as cousas que entra devagar nos hábitos de todos para traballar con calidade e dar exemplo para que outros fagan o mesmo”.

Pola súa banda, Pedro Calaza, director da Área da Paisaxe da Fundación, quixo poñer en valor a experiencia e colaboración desinteresada do grupo de expertos que se desprazan por toda Galicia durante semanas para avaliar os programas ambientais dos municipios participantes. O xurado de Vilas en Flor 2025 estivo composto por 16 profesores universitarios, docentes de formación profesional, expertos profesionais do ámbito da paisaxe e do viveirismo, así como persoas que dedicaron a súa vida ao desenvolvemento territorial de Galicia.

1000162263 copia

Rede Bandeira Verde

Na mesma dirección, o vindeiro ano a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático promoverá a creación da Rede de Concellos Bandeira Verde de Galicia co obxectivo de seguir compartindo boas prácticas e desenvolver proxectos comúns. Poderán formar parte desta iniciativa aqueles municipios que teñan, polo menos, tres destes distintivos desde o ano 2020 e, así mesmo, as administracións locais adheridas a esta iniciativa tamén recibirán apoio técnico e económico.

Máis novas

Comentarios