Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo doa todos os meses

Carballo doa todos os meses

Estivo esta semana a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) en Carballo. E o balance que fan da solidariedade da veciñanza carballesa é moi positivo. Foron 134 persoas as que se subiron ao bus durante estes 3 días. Se ben 12 non puideron doar (hai diferentes motivos que non o permite, como pesar menos de 50kg, ter tomado algunha medicación na última semana…) a mellor nova foi a presencia de 2 persoas que doaban por primeira vez.

En termos relativos, a a participación incrementouse nun 26% con respecto á media mensual do ano pasado, lembrando que o bus da doazón visita Carballo todos os meses. O obxectivo deste 2021 é acadar a taxa de 40 doazóns por 1.000 habitantes (o ano pasado foi de 37), e dende o Concello agradecen ese compromiso.

ADOS, que cualificou as cifras da campaña como “excepcionais”, lembra que pon a disposición da cidadanía a súa web ados.sergas.gal; o enderezo de correo electrónico, [email protected]; o teléfono de información gratuíto 900 100 828, no que ademais podemos solicitar cita previa para doar.

Cortes de tráfico

Por mor das obras que se están a levar a cabo dentro proxecto Cicl-Ando Carballo, para os vindeiros días están previstos varios cortes de tráfico que afectarán á vía que comunica a estrada de Razo coa de Xoane. Tan só se permitirá o paso das persoas residentes.

A empresa construtora ten programada a execución do cruce de Xoane e o acceso ao colexio Artai entre o xoves e o venres, o que obrigará a manter a vía pechada ata o luns, incluído, para que fragüe o formigón. O tráfico recuperará a normalidade a primeira hora do martes.

Novas relacionadas

Comentarios