martes. 10.12.2024
El tiempo

Carballo esixe unha senda na AC-414

Obras estrada Carballo
Carballo esixe unha senda na AC-414

Despois de 7 anos pedindo a reforma da AC-414 ao seu paso por Cances e Xoane, a Xunta aprobaba esta semana un orzamento de máis de 700.000 euros para mellorar a capa de rodadura, antes de cederlle a titularidade ao Concello. Un proxecto insuficiente para o Concello de Carballo, que xunto coa veciñanza reclaman unha actuación integral na AC-414 que inclúa unha senda peonil ata Carballo.

Así llo trasladou este xoves o alcalde carballés ao director a Axencia Galega de Infraestruturas, ao que non lle parece suficiente o fresado de 5 centímetros nos puntos que o precisen e a posterior pavimentación cunha capa de aglomerado do mesmo grosor.

Concello e veciños piden que a reforma sexa integral inclúa unha senda peonil ata Carballo e unha solución para a zona da rotonda de entrada na zona urbana. O delegado asegurou que se estudarán as peticións.

Máis novas

Comentarios