sábado. 14.12.2024
El tiempo

A Xunta mellora, por fin, a estrada AC-414 por Xoane e outras tres da comarca

Trenor Evencio e Paula Mouzo en Carballo obras
Trenor con Evencio Ferrero e Paula Mouzo na presentación das obras
A Xunta mellora, por fin, a estrada AC-414 por Xoane e outras tres da comarca

Despois de 7 anos pedindo o mesmo investimento, a Xunta vén de facer caso ao Concello de Carballo e vai mellorar o firme da estrada AC-414 ao seu paso polos núcleos de Xoane e Cances. Así o anunciou onte o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, nunha presentación na que avanzaba a licitación doutras dúas vías da comarca, AC-400 (por Santa Comba e Mazaricos), a AC-440 (en Muxía) e a AC-445 (entre Cee e Corcubión).

Focalizou a presentación no investimento carballés Trenor, destacando que do investimento total previsto de 3,2 millóns, 763.000 € resérvanse para actuar en toda a lonxitude da AC-414 e tamén na AC-400 ao seu paso por Carballo. Na solicitada AC-414 renovarase a capa de rodaxe dos 3,63km

As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o vindeiro 26 de decembro para presentar as súas ofertas. A execución dos traballos levarase a cabo durante a próxima primavera.

Desta forma, o vial AC414 pasará a ser de titularidade municipal ao remate da obra, como leva solicitando o concello unha e outra vez.

Obras estrada Carballo

Nos tramos nos que xa contan cun firme consolidado nos que non é precisa realizar unha actuación maior que puidese alterar a súa resistencia, selaranse as fisuras e recrecerase o firme con 5 centímetros de aglomerado.
Nos treitos nos que se concentre un maior número de accesos a vivendas, aparcamentos ou bordos, así como naqueles nos que a rasante da estrada se atope elevada por anteriores actuacións de reforzo do firme, faranse fresados de 5 centímetros en todo o ancho do carril e reporase o aglomerado con outra capa de 5 centrímetros de espesor.

Comentarios