Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carballo estrea novas zonas de aparcamento na Milagrosa e A Cristina coa fórmula do comodato

aparcamento comodato caarballo
Carballo estrea novas zonas de aparcamento na Milagrosa e A Cristina coa fórmula do comodato

A fórmula do comodato estalle dando moi bos resultados ao Concello de Carballo para habilitar novas zonas de aparcamento gratuíto. Con este modelo, os propietarios ceden o solo a cambio da exención de impostos, e poden recuperar o seu uso cando o precise. Máis de 2.000 prazas abertas con este modelo convirten á capital carballesa nun exemplo para toda Galicia .

Desta volta o Concello abre por primeira vez no espazo urbano. Se ben uns propietarios van recuperar os seus terreos na zona do Rego da Balsa, o Concello trasladou o material de sinalización para novo espazo de estacionamento na zona da Cristina, xunto á estación de autobuses e o colexio.

Este novo aparcadoiro público e gratuíto sumarase ao que veñen de abrir tamén na zona da Milagrosa, en concreto no cruce das rúas Compostela e José María Castroviejo, que xa puido utilizarse para a feira do domingo pasado e que a partir de agora estará dispoñible a diario.

Dende o Concello de Carballo queren agradeder a colaboración veciñal e animar ao resto a participar deste modelo. As persoas interesadas en ceder os seus solares mentres non os precisen para outro destino poden poñerse en contacto co Concello no 981704100 ou a través do enderezo electrónico [email protected].

Comentarios