Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Carballo estrea un novo centro de día e outro de rehabilitación

Carballo estrea un novo centro de día e outro de rehabilitación
A asociación Pro Enfermos Mentais inagurou as súas novas instalacións A asociación Pro Enfermos Mentais inagurou as súas novas instalacións Carballo sobe un chanzo máis en materia de servizos sociais. Así, a asociación Pro Enfermos Mentais - APEM - acaba de estrear un novo local en Carballo para atender aos seus usuarios e usuarias. O espazo, situado no número 2 da Avenida da Cristina, ofrecerá servizo como Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral e como Centro de Día e conta cuns 800 metros cadrados de superficie. No acto de inauguración estiveron a presidenta de APEM, María Antonia Pérez Amieiro, a directora de Desenvolvemento da entidade, Esther Monterroso, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e numerosos representantes de APEM, de todos os grupos da corporación, dos Servizos Sociais Municipais así como doutras entidades do municipio, como Vieiro ou Aspaber, entre outras. As novas instalacións da asociación Pro Enfermos Mentais albergan un centro de día e un centro de rehabilitación As novas instalacións da asociación Pro Enfermos Mentais albergan un centro de día e un centro de rehabilitación O local conta cun espazo destinado especificamente a Centro de Día, servizo dirixido a persoas con enfermidade mental grave e persistente e que presentan un maior grao de dependencia, e como consecuencia, importantes dificultades de integración e maior risco de deterioro, illamento e marxinación. E con outro espazo destinado ao Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral, dirixido tamén a persoas con enfermidade mental grave que presentan atrancos no seu funcionamento social autónomo e na súa integración normalizada que precisan dun apoio específico e estruturado para avanzar na súa inserción na comunidade. Ademais, as instalacións contan cunhas oficinas para desempeñar o labor administrativo, de varias aulas e de talleres de cociña e informática, co equipamento necesario para poder desenvolver as actividades psicomotrices e psicosociais que se realizan decotío. Proximidade Esther Monterroso encargouse de debullar polo miúdo todas as actividades que poderán desenvolverse no novo centro, e subliñou que a novidade reside na posibilidade de "dar cabida a persoas graves ou con enfermidades persistentes". O seu obxectivo, explicou, é o de "construír unha escaleira na que ninguén se pare en ningún chanzo" e que poda servir "para darlle a todo o mundo a opción de volver a empezar". Monterroso, tamén quixo resaltar que o Centro de Día servirá para que os usuarios e usuarias "podan permanecer na súa contorna, cos seus amigos e familias" en lugar de ser ingresados noutro tipo de centro, e rematou dicindo que "as portas de APEM están abertas non só para os usuarios e usuarias, senón tamén para a xente da rúa, para poder acadar unha integración real". Pola súa banda, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou a súa satisfacción por que Carballo conte con estas instalacións que poderán axudar aos veciños e veciñas. O acto rematou cun percorrido polo amplísimo local, que dende onte xa está aberto para toda a cidadanía e que se fixo realidade tamén grazas ás achegas e a colaboración conxunta de numerosas administracións. Novas relacionadas Fonte

Comentarios