Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Os usuarios de Aspadex fanse mecánicos co FP do IES Fernando Blanco

Os usuarios de Aspadex fanse mecánicos co FP do IES Fernando Blanco
Usuarios de Aspadex fanse mecánicos no IES Fernando Blanco

Os usuarios de ASPADEX acudiron a mañá de onte ás instalacións do Instituto Fernando Blanco de Cee, nunha actividade encadrada dentro dun programa máis amplo que está levando a cabo a entidade, e que ten como obxectivo fomentar a inclusión social das persoas con discapacidad intelectual, así como os seus coñecementos sobre a contorna.
En concreto nesta xornada os usuarios visitaron os talleres de metal, electricidade e mecánica, este encontro se complementará con outra visita ao Ciclo de Auxiliar de Clínica do IES Agra de Raíces que terá lugar ao longo desta semana.

Tanto os alumnos como os profesores do instituto foron explicando ás persoas con discapacidad intelectual o funcionamento dos distintos talleres, dunha forma moi dinámica e próxima, partindo dunha explicación teórica e pasando despois a facer interesantes prácticas como pequenos circuítos eléctricos, cambiar unha roda, mantemento básico dun vehículo, torneado e moldeado de pezas, creación dun circuíto neumático…

A xornada foi moi gratificante, os usuarios de ASPADEX coñeceron un novo recurso da zona e o seu funcionamento, aprenderon cousas novas e compartiron o seu tempo cos alumnos e profesores do IES Fernando Blanco, dando así un paso adiante pola inclusión social, achegando aos alumnos a realidade das persoas con discapacidad intelectual.

Usuarios de Aspadex fanse mecánicos no IES Fernando Blanco Usuarios de Aspadex fanse mecánicos no IES Fernando Blanco Usuarios de Aspadex fanse mecánicos no IES Fernando Blanco

Novas relacionadas

Fonte

  • Aspadex.

Comentarios