Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carballo informa sobre a corentena

WhatsApp Image 2020-03-17 at 15.30.44
Carballo informa sobre a corentena

Os Servizos Sociais do Concello de Carballo veñen de informar sobre a atención domiciliaria durante o estado de alarma pola crise sanitaria do coronavirus. Pide colaboración veciñal para atopar persoas que vivan soas, en especial persoas maiores ou que se atopen en situación de vulnerabilidade. Se coñecedes poñédevos en contacto no 981 704 706.

Ademais, nese número tamén se pode solicitar o servizo de entrega de alimentos e medicamentos a domicilio para persoas maiores ou de risco. Tamén está aberto o servizo de atención psicosocial e psicolóxica.

WhatsApp Image 2020-03-18 at 15.46.47

Lixo e Mercado

WhatsApp Image 2020-03-18 at 10.39.37

O Concello informa tamén que o servizo de recollida de lixo está de servizos mínimos, quedando suspendida a recollida de voluminosos e pecgado o punto limpo.

Ademais, o Mercado Municipal aumenta o horario, de 8:00h 15:00h, reforzando as medidas de hixiene e limpeza, e pedindo que non se toquen os alimentos coas mans e mantendo a distancia de 1 metro entre os clientes.

Comentarios