luns. 02.12.2024
El tiempo

Carballo móvese ante as agresións homófobas

Parque do Anllons en Carballo tipico de botellada
O Parque do Anllóns é un típico espazo de botellada xuvenil
Carballo móvese ante as agresións homófobas

A Costa da Morte ten moito que percorrer en materia de violencia de xénero, como se viu esta pasada semana en Carballo. Dúas rapazas foron agredidas por tres mozos por besarse. Os acontecementos sucederon unha noite de botellón no Parque do Anllóns, e os tres salvaxes despois de increpar ás dúas menores por besarse seguíronas e agredíronas.

Segundo a Garda Civil non constan denuncias da agresión hómofoba, pero si que están facendo as xestións necesarias para localizar ás vítimas e investigar os feitos.

Reunion do Concello de Carballo con LGTBIFobia

Ademais, o Concello de Carballo non quixo esperar e directamente organizou unha reunión con representantes do Observatorio coruñés contra a LGTBIfobia para seguir traballando dunha maneira coordinada na construción dunha sociedade máis tolerante e igualitaria.

Mentres, a campaña do 25N segue en marcha en practicamente toda a comarca para conmemorar un Día Internacional contra a Violencia de Xénero que implique a toda a sociedade.

Novas relacionadas

Comentarios