Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Carballo proba o bus urbano

bus urbano-Carballo
Carballo proba o bus urbano

Co gallo da Semana da Mobilidade, o Concello de Carballo pon en marcha un proxecto piloto de autobús urbano. Un experimento máis que interesante que pode ser unha gran alternativa de mobilidade malia que o transporte urbano é un servizo de prestación obrigatoria nos concellos de máis de 50.000 habitantes (Carballo non chega a 35.000)
O servizo funcionará desde o luns 18 ata o venres 22, e será de balde para as persoas usuarias. Deste xeito, permitirá estudiar o interese da cidadanía no uso deste servizo, para avaliar a sua viabilidade. 
O servizo empezará a funcionar ás 06.30 horas, pensando sobre todo nos traballadores e traballadoras que se desprazan ata o polígono de Bértoa. De feito, o Concello de Carballo xa presentou no seu día unha alegación nese sentido ao Plan de Transporte Público de Galicia, instando á Xunta de Galicia a incluír o parque empresarial como unha das paradas da liña Carballo-A Coruña.

Realizará un percorrido circular cun total de 11 paradas: estación de autobuses, parque comercial A Revolta, capela da Milagrosa, mercado municipal, rotonda Gran
Vía-Vázquez de Parga, viveiro de empresas do polígono industrial de Bértoa, rúa Wolframio, As Eiroas, centro de saúde, centro comercial Bergantiños, rúa Perú e de novo estación de autobuses.
Cada percorrido terá unha duración aproximada de 20-30 minutos. O autobús funcionará durante toda a mañá e retomará a súa actividade pola tarde, ata as 19.00
horas, aproximadamente. O servizo estará dispoñible para toda a veciñanza, ata completar as prazas, e será de balde para as persoas usuarias.

Comentarios