Mércores. 04.08.2021
El tiempo

Carballo recibe o Premio Cegasal pola “súa decidida aposta pola economía social”

Alberto Varela, presidente FEGAMP y alcalde de Carballo
Alberto Varela, presidente FEGAMP e o alcalde de Carballo, Eevencio Ferrero
Carballo recibe o Premio Cegasal pola “súa decidida aposta pola economía social”

Recibíu onte Evencio Ferrero o premio Cegasal concedido ao Concello de Carballo por parte da Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro. A entidade valora a súa “decidida aposta pola economía social” dun concello que foi pioneiro na adxudicación do servizo de limpeza viaria a un centro especial de emprego.

“E esa é unha das decisións das que me sinto máis orgulloso”, sinalou un “orgulloso e satisfeito” alcalde carballés. Lembrou que os contratos cos centros especiais de emprego tamén se ocupan da limpeza de edificios municipais, así como o mantemento de xardíns ou a recollida de residous.

Ferreiro citou ao mesmo Eduardo Galeano (“A utopía serve para camiñar”) para falar en clave de “conseguir unha sociedade máis inclusiva, diversa, comprometida e solidaria”.

Pola súa parte, o presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire, anunciou a creación dunha Escola de Emprego para persoas con enfermidades mentais: “É algo que hai que facer porque en Galicia, a día de hoxe, hai 72.000 persoas con algunha enfermidade mental que non atopan traballo e, nalgúns casos, é unha situación que se prolonga no tempo, co consecuente desgaste para eles e as súas familias”.

foto grupo 2

Xunto ao Concello de Carballo tamén foron galardoados a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia e o concelleiro de Santiago de Compostela José Javier Fernández Martínez. Igualmente foron distinguidos a conserveira Jealsa e os xornalistas Xaime Calviño e Santi Riveiro.

comentarios