Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Carballo recupera o Servizo de Normalización Lingüística

Maruxa Suárez MIlagros Lantes e Carme Pereiro no SNL Carballo
A concelleira de Normalización Maruxa Suárez, a alcaldesa en funcións Milagros Lantes e a nova técnica do SNL Carme Pereiro
Carballo recupera o Servizo de Normalización Lingüística

Tras varios anos sen técnico, e non sen polémicas arredor da súa figura trala marcha do recordado Nel Vidal, O Concello de Carballo recuperou nos últimos meses Servizo de Normalización Lingüística. Carme Pereiro foi contratada como a nova Técnica SNL e xa ten varios proxectos en marcha.

Como o de Youtubeiras, un proxecto do que Carballo foi fundador, e ao que agora volve participar. O Concello tamén retoma a súa implicación noutras iniciativas colaborativas como Enreguéifate, ademais de continuar co proxecto Apego. O ano que vén volverán a colaborar no curso de verán da UDC Traballando en lingua, e ademais están tramitando a nosa adhesión á Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, que, como explicou a técnica, “creouse coa intención de promover e dinamizar o uso da lingua galega a través da cooperación entre entidades de ámbito local”.

En canto ao proxecto Enreguéifate, este ano van participar seis centros educativos do noso concello: CEIP A Cristina, IES Monte Neme, CEIP Fogar, IES Parga Pondal, IES Alfredo Brañas e CEIP Bergantiños. En todos eles haberá obradoiros, que serán impartidos por Lupe, Cristian, Josinho, Nuria, Lorena, O Rabelo e Xairo. 
O prazo para participar no certame estará aberto desde o 10 de novembro de 2022 ata o 10 de marzo de marzo de 2023 e a entrega de premios será o 14 de abril de 2023, no auditorio de Galicia, nunha festa conxunta de Enreguéifate e Regueifesta.

Ademais, o programa APEGO, formulado para familais con nenos menores de 6 anos, celebrará unha festa o 23 de decembro.

O Concello tamén vai recuperar o calendario do 2023, accións para hostalaría e comercio ou o Premio a artigos xornalísticos normalizadores, que recuperaremos.

Comentarios