Os Premios Youtubeiras volven un ano máis para promover a creación en galego na rede

Os Premios Youtubeiras abriron onte o prazo de inscrición da súa sexta edición e desvelan a composición do xurado que decidirá en xaneiro as persoas gañadoras. Os premios, cuxas bases xa están publicadas en www.youtubeiras.gal, repartirán 7.500 euros entre as persoas gañadoras de oito categorÃas: canle, youtubeira/o, youtubeira/o revelación, vÃdeo, calidade lingüÃstica, pioneiro, rede e o premio do público. O prazo finalizará o 15 de novembro.
Cómpre lembrar que Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüÃstica dos concellos de Ames, A Baña, Carballo, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.