Venres. 18.06.2021
El tiempo

Carballo utilizará outros 3 millóns de remanente para obras

Maria Torres participou no seu último pleno como concelleira do PSOE
María Torres participou no seu último pleno como concelleira do PSOE
Carballo utilizará outros 3 millóns de remanente para obras

En aprobaba o plen o carballés unha modificación de 3,4 millóns de euros do remanente do curso 2019 para investimentos. O pleno deste luns 31 d emaio serviu para facer o propio, e aproveitar outros 3 millóns para unha serie de actuacións (nunha moción aprobada cos votos do grupo de goberno coas abstencións de PSOE, PP e TEGA.

  • Acondicionamento de aparcadoiros: 129.161,73 euros
  • Campaña de difusión e sensibilización da compostaxe na zona rural: 17.242,50 euros
  • Maquinaria e utillaxe para o cemiterio: 3.000 euros
  • Novo parque canino: 24.200 euros
  • Centro social en Xoane (Goiáns): 354.958,20 euros
  • Nova musealización do Museo de Bergantiños: 145.069,93 euros
  • Reurbanización da rúa Estrela: 145.733,60 euros
  • Reurbanización da rúa Lugo: 39.837,90 euros
  • Reurbanización da rúa Chile: 64.246,20 euros
  • Plan de mellora dos asfaltados na zona urbana: 233.354,83 euros
  • Plan de mantemento da rede viaria na zona rural: 506.904,54 euros
  • Investimento en terreos: 300.000 euros
  • Mellora da rede de abastecemento da rúa Vázquez de Parga: 42.719,04 euros
  • Mellora das infraestruturas en Razo-Baldaio (pasarelas de madeira): 175.000 euros
  • Melloras no CEIP Gándara-Sofán: 216.286,66 euros
  • Melloras nos centros de ensino CEIP Fogar e escola de Queo: 45.700 euros
  • Mellora do auditorio do Pazo da Cultura: 633.556 euros
  • Renovación da cuberta do graderío do campo de fútbol As Eiroas: 56.985,18 euros

Relevo

A edil socialista María Torres particiou na súa última sesión plenaria pois pediu a renuncia.

Discrepancias nas mocións

Foron presentadas outras mocións, pero só saíron adiante as presentadas polo BNG, como a relacionada co sector eólico que está presentando o grupo por toda Galicia, que foi aprobada cos votos en contra de PP e TEGA, e a abstención do PSOE que presentara unha enmenda que non permitiu o grupo de goberno.

Ademais, as dúas mocións urbanísticas, e a pregunta tamén sobre o urbanismo táctico de TEGA, foron desbotadas.

comentarios