Mércores. 22.05.2024
El tiempo

Atopan o corpo sen vida dun home na praia Pedra do Sal de Carballo e doutro home nunha vivenda de Ponteceso

Avenida Eduardo Pondal Ponteceso
Avenida Eduardo Pondal Ponteceso
Atopan o corpo sen vida dun home na praia Pedra do Sal de Carballo e doutro home nunha vivenda de Ponteceso

Tarde tráxica na comarca de Bergantiños. Arredor das 15:00h un particular alertaba da presenza dun corpo sen vida flotando na praia de Pedra do Sal. A corrente arrastraba o corpo ata a beira, onde os servizos sanitarios, á sua chegada, só puideron certificar a súa morte.

Acodiron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Garda Civil e de Protección Civil de Carballo.

Un falecido en Ponteceso

Xa a media tarde, acontecía outro suceso na Avenida Eduardo Pondal de Ponteceso. Un participar alertaba que levaba tempo sen ver a un familiar de 82 anos, alertaban ao 112. A veciñanza tamén alertaba do cheiro que había nas escaleiras.

Foron os GES de Ponteceso os que entraron por unha fiestra e atoparon o corpo sen vida do home. Os servizos sanitarios certificaron a súa morte nun operativo no que tamén participou Protección Civil de Ponteceso.

Comentarios