As Finais da Copa da Costa F8 disputaranse o sábado 18 en Fontenla
14:30 08/05/24
Mentres os clubs seguen esperando polos sorteos das Copas Xuvenil, Cadete e Infantil, si que temos data e horarios para as grandes finais da Copa da Costa de F8, a esperada Festa do Fútbol Base costeiro. O campo de Fontenla, en Santa Comba, acollerá a gran festa do fútbol dos máis peques, das categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín.
Así, centos de nenos de entre 6 e 11 anos gozarán dunha completa xornada deportiva, nas completas instalacións xalleiras.
Os equipos clasificados son:
- CATEGORÍA ALEVIN : Cee, Sofán, EFC Carnota, UD Cerqueda, ED Os Miúdos, Cabana, Fisterra e Xallas.
- CATEGORÍA BENJAMIN: Xallas, Cabana, EFJ Cabrejo Camariñas, EFC Carnota, Corme, ED Os Miúdos, Mazaricos, Esteirana.
- CATEGORÍA PREBENJAMIN: Soneira, Carnota, Xallas, Esteirana, Cee, Corme, EFJ Cabrejo Camariñas e Sofán (como mellor segundo).
Horarios
Serán choques de dous tempos de 15 minutos, a partido único, con 3 penaltis en caso de empate.
Máis novas