Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Louro prepara xa o seu primeiro Campus de Tecnificación

Campus Tecnificacion Louro Agra da Filgueira
Louro prepara xa o seu primeiro Campus de Tecnificación

Louro quintuplica a súa poboación para o verán con xentes que chegan de toda a provincia, de toda Galicia, de toda España, e tamén con esa veciñanza que vive na diáspora e volve a casa de vacacións. E despois de moitas peticións, o club armouse de valor para ofrecer unha alternativa de ocio e conciliación para todas esas familias, ademais das residentes na zona.

Así, durante finais de xullo e comezos de agosto, o campo de Agra da Filgueira acollerá o I Campus Tecnificación de Fútbol de Louro. Os nenos e nenas de 5 a 15 anos poderán apuntarse ata o 10 de xullo para asistir ao campus dirixido por Bibi, adestrador do primeiro equipo e gran formador.

Comentarios