Carballo xa ten destino para os 3,4 millóns de remanente

08:09 07/12/20
Unha petición de anos que tivo que chegar unha pandemia para facela real. Os Concello poden utilizar o seu remanente, e as obras teñen que estar rematadas a 31 de decembro do ano 2021, polo que os Concellos teén que darse prisa. e por exemplo Carballo xa comezou mesmo os procesos de contratación de 5 dos 13 proxectos que se financiarán con ese saldo positivo histórico.
As liñas principais son: mellorar a mobilidade e a accesibilidade na zona urbana, avanzar na extensión dos servizos de saneamento e abastecemento de auga a todas as parroquias e acometer a necesaria reforma de edificios públicos.
En marcha xa están os proxectos de:
- Accesibilidade en beirarrúas da zona A Milagrosa e a Avenida Ponte da Pedra: 216.519,94 euros
- Rede de saneamento e abastecemento de auga aos lugares de Leboreo, Requeixo e A Rega, na parroquia de Bértoa: 368.311,59.
- Rede de saneamento e abastecemento de auga en Cambre de Lema e Cambrelle-Razo: 416.971,86.
- Reforma do centro social do barrio da Milagrosa: 147.317,86
- Substitución de cuberta e revestimento da fachada do pavillón deportivo “Carballo Calero”: 255.312,90.
A relación de actuacións que se financiarán con cargo ao remanente complétase coas seguintes:
- Ampliación do cemiterio municipal, 1ª fase: 699.520,70 euros
- Reforma do Pazo da Cultura, 1ª fase: 428.600,63
- Reforma do mercado, 2ª fase: 101.068,12
- Reforma parcial dos almacéns municipais da Cristina para almacén-garaxe de Protección Civil: 82.516,43
- Achega municipal para o proxecto europeo “Carballo Sostible: Enerxías renovables e eficiencia enerxética nos edificios públicos”: 68.000.