Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Carballo xa tramita o DNI 4.0, o primeiro paso para levar o carné no móbil

dni 4.0
O novo DNI 4.0 incorpora a bandeira da UE coas siglas do país e a posibilidade de utilizar outros idiomas, como o galego
Carballo xa tramita o DNI 4.0, o primeiro paso para levar o carné no móbil

Pronto poderemos levar o carné no teléfono móbil e acreditar a nosa identidade ou asinar electronicamente dende calquera dispositivo móbil. Para iso se implanta o DNI 4.0, un novo formato que xa se está tramitando dende a Oficina da Policía Nacional de Carballo, como unha das primeiras a provincia.

A oficina, situada na pranta baixa da Casa consistorial, que o ano pasado tramitou case 12.000 documentos.

As solicitudes de cita poden facerse telematicamente dende a páxina www.citapreviadnie.es ou mesmo de xeito presencial nas dependencias situadas na planta baixa da Casa do Concello, con acceso directo dende a rúa Cervantes. A oficina está aberta de luns a venres de 09.00 a 14.30 horas.

Comentarios