Carballo prepara unha Semana do Medio Ambiente chea de actividades

Carballo celebrará do 2 ao 7 de xuño a Semana do Medio Ambiente, aproveitando a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente (o 5 de xuño). Faino cunha marea de actividades para todas as idades, artelladas dende as concellarías de Medio Ambiente e Servizos, Innovación, Educación, Turismo e Normalización Lingüística, con obxectivo dun Carballo cada vez máis sostible.
2 de xuño: Do ciclo da auga á Horta Seixo Branco
- Saída ás 17.00 h do mercado municipal
- Público adulto - Precísase inscrición
Visita guiada en autobús a tres das principais instalacións do ciclo integral da auga (captación do río Bardoso, depósito do Seixo Branco e EDAR da Cepeira) para coñecer todo o proceso da auga.
3 de xuño: Herbas de San Xoán
- 17.00 h | Aula de formación do mercado municipal
- Todos os públicos - Precísase inscrición
Co Grupo Naturalista Hábitat saida para identificar as herbas de San Xoán a coñeceremos un dos ritos da noite máis máxica do ano.
3 de xuño: A saúde do río Anllóns
- Mañá e tarde | Río Anllóns e IES Alfredo Brañas
- Estudantes de secundaria
Obradoiro dirixido a estudantes de secundaria coa participación de investigadores/as do Grupo de Investigación en Cambio Ambiental (GRICA) da Universidade da Coruña. Pola mañá, o alumnado realizará unha saída ao río Anllóns para recoller mostras de auga e/ou sedimento, e pola tarde, xa no laboratorio do centro, observarán as mostras con microscopio para ver fitoplancton e posibles microplásticos. Colaboran GRICA e IES Alfredo Brañas.
4 de xuño: Contacontos “Amar no mar”
- 17.00 h | Escolas do Xardín Agra de Caldas
- Bebés de 0 a 3 anos – Inscricións en snl@carballo.gal
Dentro do programa Medrando con Apego tamén queremos traballar na sensibilización medioambiental desde as primeiras etapas da vida, e por iso contan con Ana Prema para realizar un contactos interactivo con bebés de 0 a 3 anos e as súas familias.
5 de xuño: Campaña informativa sobre a xestión dos residuos
- A partir das 10.00 h | Rúa Coruña
- Todos os públicos
6 de xuño: 125 aniversario da primeira traída de auga de Carballo
- 19.00 h | Saída da Praza de Galicia
- Todos os públicos – Precísase inscrición
O venres 6 de xuño levaranse a cabo as actividades conmemorativas do 125º aniversario da primeira traída de auga de Carballo que estaban previstas para o 22 de marzo pero que tiveron que ser adiadas por mor do mal tempo.
O profesor e historiador Xan M. Fraga Rodríguez fará de ruta pola historia da auga de Carballo, desde a Praza de Galicia ata a Praza de Alfredo Brañas, unindo as dúas fontes da primeira traída de auga de Carballo. Despois, ás 20:00h na Praza de Alfredo Brañas, unha Foliada co grupo de música tradicional Tanto nos ten e aperitivo.
7 de xuño: Ruta guiada desde a Furna Furada ata a Pedra do Sal
- 10.00 h | Saída do autobús desde o aparcadoiro público da rúa Perú
- Mocidade e público adulto – Precísase inscrición
O escritor e divulgador Xabier Maceiras guiará ás persoas participantes nunha ruta cunhas vistas extraordinarias e na que coñecerán, ademais, os Contos mariños de Carballo vinculados a ese treito do noso litoral.