Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Casino 1889 acolle os sábados de xaneiro a III edición do GALIDOC

Galidoc no Casino Carballo con Marta Valverdade
O Casino 1889 acolle os sábados de xaneiro a III edición do GALIDOC

Este sábado 8 de xaneiro o Casino 1889 de Carballo acolle a primeira sesión da III edición do GALIDOC. Este ciclo anual centrado nos documentais feitos no noso país, trala boa acollida que tivo en anteriores edicións, chega a esta terceira edición os sábados de xaneiro de 2022, a partir das 19:00h. As datas serán: 8, 15, 22 e 29 de xaneiro.

O formato das sesións seguerá a ser o mesmo: comeza coa presentación d*s creador*s, a continuación proxectanse as pezas documentais e finalizamos cun pequeno coloquio entre *s autor*s e o público.

1º Sesión

Estrea o ciclo a curtametraxe documental 1 de 8000 de Marta Valverde. O evento terá lugar este sábado 8 de xaneiro ás 19:00h, cunha presentación, a proxección da curta e o posterior coloquio co público como adoita ser o formato do GALIDOC, ciclo de cinema documental galego do Casino, que este ano chega á súa terceira edición.

Marta Valverde (Nigrán, 1994), desenvolve o seu traballo a medio camiño entre o audiovisual e a fotografía tradicionais e a arte contemporánea. Os seus campos de acción parten da autobiografía para tratar temas como a precariedade, o traballo, o feminismo ou o problema da representación. Formalmente interésalle a mestura de documental e ficción e os formatos en directo.
En outubro xa estivo en Carballo ensinando unha das súas facetas no FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro), nesta ocasión presentando unha peza performativa mesturada co audiovisual, 30′ 70 60′ 120 (WORK IN PROGRESS).

Como asistir

A entrada é gratuíta e o aforo é limitado, cubríndose por orde de chegada. As portas abranse 30 minutos antes da sesión. Respectaranse as medidas de prevención contra o COVID vixentes. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse no enderezo [email protected] indicando nome, apelidos e teléfono de contacto.

Comentarios