mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Centro de Sementes Forestais de Carballo, referencia no sector

Carballo. A Coruña
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, e pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitan o Centro de Sementes Forestais de Galicia
05/02/2025
Foto: Moncho Fuentes/AGN A Coruña 
Visita da Consellería ao Centro de Sementes Forestais de Galicia. Foto: Moncho Fuentes/AGN A Coruña
O Centro de Sementes Forestais de Carballo, referencia no sector

Unha comitiva da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo alcalde Evencio Ferrero, visitou onte o Centro de Sementes Forestais de Galicia (SEMFOR), situado en Carballo, para poñer en valor a labor que realiza esta entidade na subministración de semente de calidade destinada á forestación de Galicia.

Destacaron que SEMFOR é unha entidade de referencia no sector, que subministra a súa produción cun prezo público aos viveiros forestais rexistrados, ademais de destinar pequenas cantidades de semente para proxectos de rexeneración, educación forestal, investigación e divulgación.

A comitiva da Consellería aproveitaron para anuciar as axudas para fomentar a creación de superficies arboradas en Galicia. Grazas a estas achegas, plantáronse xa máis de 21,3 millóns de árbores e está previsto que ao longo de 2025 se remate a plantación de máis de 2 millóns de exemplares adicionais coas axudas da convocatoria de 2024.

A conselleira destacou que a última convocatoria destas subvencións aprobáronse 152 expedientes para actuar en algo máis de 2.000 hectáreas cun investimento que supera os 5,23 millóns de euros, despois da súa ampliación orzamentaria. O 77% das solicitudes aprobadas corresponden a comunidades de montes veciñais en man común, mentres que o resto foron presentadas por particulares (14,5%) e agrupacións forestais (8%).

Tanto as axudas a forestación como a actividade de SEMFOR enmárcanse na primeira revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040, "Cara a neutralidade carbónica" promovendo unha xestión sostible e equilibrada do monte galego.
 

Comentarios