O Centro Social de Gioáns colle forma
A parroquia de Gioáns conta os días para contar co seu Centro Social. Cada día está máis preto, despois de que a Xunta de Goberno Local, aprobase o proxecto de construción do edificio, cun orzamento de 451.879,40 euros. De feito, xa está marcha o procedemento de licitación da primeira fase das obras.
O proxecto está feito por Laia Cervelló e Miguel Fernández-Galiano, do estudo Fernández Carballada e Asociados, aud destacan o “encrave privilexiado” da parcela rodeada de árbores na que se situará o centro social.
O edificio terá unha planta única, central e cadrada, de 341,62 metros cadrados, cuios tellados simbolizan unha aldea tradicional. O auditorio terá unha capacidade para 36 persoas. O proxecto prevé tamén a creación de 14 prazas de aparcamento e un axardinamento baseado na potenciación das especies arbóreas existentes.