Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Chano Calvo: “Ser presidente dun club é unha medicina para levar unha empresa”

Entrevista a Chano Calvo
Chano Calvo: “Ser presidente dun club é unha medicina para levar unha empresa”

Hai apenas 3 semanas que o Bergantiños confirmaba o seu ascenso histórico 2ª RFEF. O equipo de QPC e de SensorMedia quixo achegarse ata as Eiroas para ter unha conversa calmada co seu presidente, Luciano Calvo Pumpido, coñecido como Chano.

Falamos con el desta histórica tempada, que foi o “cumio dos últimos 9 anos” e dea súa relación co plantel: “Este é o mellor grupo humano que me atopei”. Pero tamén falamos do ascenso vivido hai 34 anos a 2ªB e os camiños cruzados do Arenteiro, e co Dépor; dos momentos máis duros vididos á fronte do club; da relación incomprendida mutuamente entre o Bergan co Fútbol da Costa e co Dépor, ou das Escolas Luís Calvo e o Torneo Internaciona, e do seu impacto social.

Chano lamenta non ter un campo, de herba natural, no centro da vila, que podería contribuír a afianzar a unión co pobo carballés, e tamén fomentar o auxe do comercio e a hostalería no centro da vila.

Calvo, que vén de recibir medalla ao mérito da Real Federación Española de Balonmán, fala tamén da súa vinculación coa familia Xiria, e explica as diferencias e similitudes de dirixir un club de fútbol e unha multinacional como Calvo.

Novas relacionadas

Comentarios