O Bergan fai historia ascendendo á 2ª RFEF

14:46 03/05/21
Incrible o que fixo o Bergantiños esta singular campaña. A vitoria de onte nas Eiroas ante o Arousa, cos tantos de Pablo Agulló e Diego Uzal confirmou un segredo a voces: O Bergan é novo equipo da 2ª RFEF, a cuarta categoría do fútbol estatal.
O equipo dirixido por Lemos pecha a Fase de Ascenso na 2ª posición, só por detrás do Arenteiro, facendo historia do fútbol costeiro. A última vez que o cadro carballés estivo na 2ªB foi no 1987.
Os maiores quixeron agradecer o traballo das Escolas Luís Calvo
Aquí podedes ver o resumo:
⚽️ Imos cos resumos amplos da Terceira‼️
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) May 3, 2021
👉Comezamos co @BerganFC 2-1 @AROSASCOFICIAL e o ascenso do equipo de Carballo 👏👏 pic.twitter.com/TYk4T0BgYE
E así foi a rolda de prensa dos protagonistas: