Xoves. 23.05.2019
El tiempo

Chelsea González e Brais Velay participaron na final da Olimpíada Filosófica

Chelsea Gonzalez irá á Olimpíada Filosófica Estatal
Chelsea Gonzalez irá á Olimpíada Filosófica Estatal
Chelsea González e Brais Velay participaron na final da Olimpíada Filosófica

Este pasado xoves 14 de marzo celebrouse a Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, a VI Olimpíada Filosófica de Galicia. Alí estaban dous alumnos da Costa da Morte, que deixaron moi alto o pavillón.

Brais Velay Vazquez quedou terceiro na Olimpiada Filosofica en Disertacion

O alumno do IES Fernando Blanco de Cee, Brais Velay Vázquez de 1º Bacharelato de Humanidades, quedou en 3º posto na modalidade de Disertación filosófica.

Un centro ceense moi contento estes días pois vén de recibir o primeiro premio do concurso Dualiza 2019 de proxectos de Formación profesional de colaboración entre centros de ensino e empresas. Unha iniciativa da Fundación Bankia pola FP Dual e a Asociación de Centros de Formación Profesional Fpempresa.
O proxecto presentado polo departamento de Instalación e mantemento do Fernando Blanco é o Deseño e montaxe dun ascensor con multiplicidade de manobras e foi realizado en colaboración con Ascensores Cume 24 SL, e coa Asociación Gallega de Ascensores (AEGA).  A contía económica da axuda destinarase a materializar o proxecto.

Chelsea, irá á Nacional

A carballesa Chelsea González levou o 2º premio na modalidade de vídeo, coa súa proposra Afterlife, que aquí compartimos, e volverá estar na Olimpíada Nacional, repetindo a fazaña do ano pasado.

Novas relacionadas

Comentarios