Luns. 07.10.2024
El tiempo

O CIM de Carballo atende actualmente 189 milleres vítimas de violencia de xénero

Mesa Vioxen Carballo
O CIM de Carballo atende actualmente 189 milleres vítimas de violencia de xénero

Reuniuse onte a Mesa local de coordinación institucional sobre violencia de xénero de Carballo. A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade convocaba ás traballadoras do Centro de Información ás Mulleres (CIM), a Garda Civil, a Policía Local e a unidade de violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno da Coruña para abordar propostas de mellora na atención ás vítimas, dado o preocupante incremento dos casos de violencia machista na nosa contorna.

O CIM de Carballo, que presta servizo tamén ás mulleres dos concellos de Malpica, Ponteceso e Coristanco, atende nestes momentos a 189 vítimas de violencia de xénero. “Estamos a falar dunha cifra moi elevada, polo que temos que seguir loitando contra a lacra da violencia, que está tan presente na nosa sociedade”, indicou a directora do CIM, Nieves Castañón.

Ademais de contar cunhas oficinas renovadas, accesibles e cómodas, o Concello de Carballo colaborou na mellora do servizo coa instalación dun recunchiño de lectura, que conta con libros e xogos para diferentes idades coa finalidade de que os menores que acoden coas súas nais ao cuartel dispoñan dunha sala independente na que poden estar atendidos e entretidos mentres as mulleres fan os trámites pertinentes.
 

Comentarios