Luns. 07.10.2024
El tiempo

A Oficina de atención ás vítimas de violencia de xénero do cuartel da Garda Civil de Carballo conta cun novo recunquiño de lectura

Visitando a Garda Civil de Carballo
A Oficina de atención ás vítimas de violencia de xénero do cuartel da Garda Civil de Carballo conta cun novo recunquiño de lectura

Visita institucional onte ao Cuartel da Garda Civil de Carballo. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, achegáronse onte para coñecer as novas instalacións destinadas á atención ás vítimas de violencia de xénero. Ambos destacaron a importancia da colaboración institucional para mellorar a prestación dos servizos á cidadanía, especialmente en momentos tan delicados e dolorosos como o de tramitar unha denuncia por violencia machista.

Ademais da renovación das oficinas, ambas entidades crearon un recunchiño de lectura similar ao que se puxo en marcha no mes de maio no centro de saúde, onde os menores que acoden coas súas nais ao cuartel dispoñen dunha sala independente na que poden estar atendidos e entretidos mentres as mulleres tramitan a denuncia.

A subdelegada do Goberno quixo poñer en valor, e agradecer ás  distintas áreas municipais que participaron no proxecto, a súa implicación á hora de detectar a necesidade e encargarse do  acondicionamento do espazo ademais de dotalo dos materiais axeitados para os nenos e nenas.

Comentarios