A cocaína segue constituíndo o principal motivo de atención de Vieiro

Con todo, o dato máis importante é que esas chamadas son realizadas na meirande parte polas familias de persoas con adicción, preguntando sobre programas de prevención de drogacción.
En segundo lugar, as consultas van relacionadas coa orientación de habilidades psicoeducativas e estratexias de asesoramento ás familias para a xestión de condutas de risco. Pero de novo, a terceira vai vinculadas ás drogas, preguntando por centros de desintoxicación relacionados especialmente co consumo de cocaína e, en menor medida, de alcol.
A sustancia máis consumida polas persoas que solicitaron información foi a cocaína, cun 64% dos casos referidos, seguida do alcol cun 14% e do cannabis cun 9%. O resto das porcentaxes repártense a partes iguais entre xogos de azar e heroína.
En canto á derivación a recursos sanitarios especializados, realizáronse un total de 22, sendo case un 86% homes e arredor dun 14% mulleres, derivados maioritariamente a Proxecto Home. Tamén se derivaron algúns casos a outros centros de rehabilitación, como UCA, Agalure e Grupo Noroeste.