Venres. 19.04.2024
El tiempo

Comezaron as obras para abrir a canle que permite desaugar a lagoa de Baldaio

Comezaron as obras para abrir a canle que permite desaugar a lagoa de Baldaio

A semana pasada coñecíamos de primeira man a desfeita medioambiental que sofre a lagoa de Baldaio. Esta semana, as Consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e a do Mar, Rosa Quintana, comezaron a realizar unha serie de traballos de urxencia para solventala colmatación.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

En Baldaio xa volve a circular a auga cara o mar. Así está a canle a esta hora.

A post shared by Concello de Carballo (@carballomola) on

A intervención consiste en recuperar a canle que permite á lagoa liberar a auga no mar. Unha canle que desapareceu tras unhas obras de Costas que provocaron a acumulación de area na zona da ponte, aínda que a Xunta considere culpables aos temporais do pasado trimestre. Esta obra de urxencia permitirá regular o nivel de auga actual do humidal, que está a afectar tamén á súa salinidade, que ten consecuencias sobre o “rico ecosistema do esteiro”, que, lembrou, forma parte da Zona de Especial Conservación (ZEC) da Costa da Morte.

Así, a través da redución progresiva e controlada urxente da auga concentrada, evitaranse futuros asolagamentos na contorna, para preservar o ecosistema existente na lagoa e garantir que a explotación marisqueira dos seus recursos volva á normalidade.

As conselleiras Ángeles Vázquez e Rosa Quintana visitaron a zona para comprobar os traballos avalados por técnicos dos dous departamentos autonómicos e do Instituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da Universidade de Santiago. Continuará aberta a mesa de traballo para abordar o problema e buscar posibles solucións, a curto e tamén a longo prazo, e de feito, de xeito paralelo, segue en marcha redacción dun plan que permita conxugar os intereses medioambientais da lagoa cos do sector marisqueiro que explota os seus recursos. .

Novas relacionadas

Comentarios