Luns. 14.10.2024
El tiempo

Comezaron as obras para abrir unha terraza na estación de buses de Carballo

Estado deplorable da Estacion de Buses de Carballo1
Comezaron as obras para abrir unha terraza na estación de buses de Carballo

O estado da estación de buses de Carballo é, dende hai moitos anos, deplorable. E así o comprobamos durante tantos anos nos que QPC era o único espazo onde se unificaban os horarios dos autobuses da comarca.

A última actuación no abandonado espazo, a pesar do alto uso da conexión cara Coruña, foi en 2016, cando se reparou a cuberta e os aseos. Desta volta, a Xunta vén de comezar novas obras de humanización dos accesos. Cun investimento de 48.000 euros e un prazo de execución de 2 meses, o proxecto inclúe os traballos necesarios para acadar a apertura ao exterior da cafetería, coa creación dunha terraza e un acceso ao lado este da estación. Tamén se colocará unha malla de peche no espazo colindante entre a dársena e o parque público e repararase o pavimento.

Obras de humanizacion da Estacion de Buses de Carballo

Aproveira a Xunta para recordar que son preto de 1.500 mozos de Carballo os que dispoñen da tarxeta Xente Nova, coa que fixeron en 2021 máis de 31.000 viaxes de balde nos autobuses dependentes da Xunta.

Comentarios