A tarxeta Xente Nova pode aforrar 1.200€ ao ano a un estudiante que vai en bus de Carballo a Coruña
Ata Carballo desprazouse unha expedición da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade,para anunciar e supervisar o funcionamento da “Tarxeta Nova”. Unha tarxeta gratuita para os menores de 21 anos, mediante a que teñen dereito a realizar ata 60 viaxes ao mes de balde en calquera das máis de 3.300 liñas de autobús do servizo interurbano de Galicia.
Explicaron que un rapaz de Carballo que empregue o transporte público da Xunta para ir estudar á Coruña aforrará 1.260 euros ano, e 1.200 euros se se despraza a Santiago, empregando este dispositivo.
En Carballo, dende que en maio se abrise a posibilidade de sacar a tarxeta, xa se superan as 200 tarxetas, que se poden sacar en calquera sucursal de Abanca ou seguindo as instrucións que hai en bus.gal, mentres que os horarios da zona os podedes ver en arriva.gal.