O completísimo programa do San Xoán de Carballo
Nun emotivo acto na rúa da Coruña, onde durante anos se colocou o palco das orquestras e despois unha das tómbolas, presentou esta mañá de sábado o concello de Carballo o completísimo programa do San Xoán. Unha cita, maridada polo Rexenera Fest, na que as protagonistas foron Isa Bermúdez, a artista carballesa autora do cartel, e a científica Verónica Bolón, a que será a pregoeira.
O presidente da comisión, Sergio Varela, foi o encargado de debullar os contidos e avanzou, con humor, dous dos grandes epicentros nocturnos: a Praza do Concello e o Rego da Balsa. «Coidamos á xente, queremos que ande», chanceou Varela. Tamén explicou que a tradicional sardiñada e cachela do vindeiro martes 23 sumará tamén racións de churrasco, e expresou o seu desexo de que, en calquera dos escenarios do San Xoán, «todo o mundo atope un punto para divertirse».

A cita volve ser un exemplo de transversalidade municipal que implica a múltiples áreas e ao comercio local, coa tradicional revista editada polo talento de Distrito Xermar xa á venda por 3 euros na Biblioteca Rego da Balsa, onde tamén pode adquirirse o cartel das festas por 1 euro.
Dando resposta ás novas demandas de lecer, o concelleiro de Mocidade, Daniel Barreiro, destacou unha das principais novidades de 2026: o primeiro Balsiña Fest (sábado 13 de xuño). Trátase dun proxecto deseñado man a man entre a mocidade e os hostaleiros locais que vén cubrir un espazo moi solicitado polo público máis novo.
O programa da Semana Grande do Sn Xoán de Carballo, día a día



LUNS 22 DE XUÑO
- 12:00 h: Disparo das bombas de palenque (anuncio do comezo das festas)
- 12:00 h: Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas da AC Nemeth
- 20:30 h: Concerto co cuarteto de música latina SonBoleros (Praza do Concello)
- 21:00 h: Pregón do San Xoán a cargo de Verónica Bolón Canedo (Praza do Concello)
MARTES 23 DE XUÑO (Noite de San Xoán)
- 21:00 h: Cachela do San Xoán e sardiñada popular (racións a prezos populares con pan de panaderías locais) (Rego da Balsa, diante da Biblioteca)
- 21:00 h: Verbena coa orquestra Compostela (Rego da Balsa)
- 00:00 h: Queima da Cachela do San Xoán (deseñada por Maximino Pazos) (Rego da Balsa)
- 00:30 h: Sesión DJ's con Señora DJ (Rego da Balsa)
MÉRCORES 24 DE XUÑO (Día de San Xoán)
- 11:30 h: Pasarrúas coa Banda Municipal de Gaitas, o Grupo de Gaitas da AC San Campio e o Grupo de Gaitas da AC Arume
- 12:30 h: Misa Solemne na honra de San Xoán (cantada pola Coral de Bergantiños) e procesión acompañada pola Banda de Música de Cee (Igrexa parroquial de San Xoán Bautista)
- 14:00 h: Concerto da Banda de Música de Cee (Adro da Igrexa)
- 19:30 h: Danza de Cabezudos a cargo das asociacións culturais (rúas de Carballo)
- 23:00 h: Concerto de Baiuca (Praza do Concello)
- 00:30 h: Verbena coa orquestra Panorama City (Rego da Balsa)
XOVES 25 DE XUÑO
- 11:30 h: Pasarrúas coa Banda Municipal de Gaitas, Grupo de Gaitas da AC San Campio e AC Nemeth
- 12:00 h: Pasarrúas coa Banda de Música de As Pontes
- 12:30 h: Misa Solemne na honra do Santísimo Sacramento (cantada polo Coro Aires de Bergantiños) e procesión coa Banda de Música de As Pontes (Igrexa Parroquial)
- 18:30 h: Circo Expreso 2 (Compañía Desastronauts): espectáculo de aéreos con trapecio e teas (Parque do Anllóns)
- 20:00 h: Verbena coa orquestra Os Satélites (Praza do Concello)
- 23:15 h: Verbena coa orquestra Última Legión (Rego da Balsa)
VENRES 26 DE XUÑO (Festa do Apego)
- 11:30 h: Pasarrúas coa Banda Municipal de Gaitas
- 11:30 h: Actuación infantil de Brais das Hortas (Praza do Concello)
- 12:30 h: Misa Solemne na honra da Virxe do Carme (cantada pola Coral de Bergantiños) e procesión coa Banda Municipal de Gaitas (Igrexa Parroquial)
- 17:00 h: Xogos do Mundo a cargo de Os Biosbardos (Praza do Concello)
- 21.30 h: Concerto de Tito Ramírez (Praza do Concello)
- 23.30 h: Concerto de Joe Crepúsculo (Praza do Concello)
- 00:30 h: Concerto de 9Louro (Praza do Concello)
- 01:30 h: Verbena co Grupo Ráfaga (Rego da Balsa)
SÁBADO 27 DE XUÑO (Festival Rockin')
- 13:00 h: Sesión Vermú Rockin' con Stompin Riffraffs e The Mean Devils (Escenario Magnolia - Parque do Anllóns)
- 20:00 h: XXVIII Mostra de Habaneras (Participan: Coro de Oleiros, Coral Polifónica San Lorenzo de Belesar e Coral P. de Bergantiños) (Pazo da Cultura)
- 21:00 h: Festival Rockin' (concertos principais): Mentah, Charlie Tiburona e León Benavente (Praza do Concello)
DOMINGO 28 DE XUÑO (Festa do Bosque)
- Durante todo o día: Amplo programa de actividades familiares e xogos populares (Bosque do Añón)
- 13:00 h: Sesión Vermú con Laura Añón (Bosque do Añón)
- 16:30 h: Concurso de sobremesas (Bosque do Añón)
- 17:30 h: Xogos Populares (Bosque do Añón)
- 18:30 h: 104ª Campionato Mundial de baixada de augas doces de barcos de papel (Inscricións ás 17:30 h) (Bosque do Añón)
- 20:00 h: Animación musical con DJ David (Bosque do Añón)
- 00:00 h: Gran sesión de fogos de artificio (Pirotecnia Rocha-Areas) (Agra da Lagoa)

