Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Completo programa de formación para a hostalería en Carballo

Hostaleria al dia formacion carballo
Completo programa de formación para a hostalería en Carballo

Se polo sur da Comarca A Asociación de Concellos do Camiño ofrece cursos formativos de inglés e de calidade turística para hostaleiros, por Bergantiños é a Concellaría de Innovación, Formación e Emprego do Concello de Carballo a que arrinca un programa de formación dirixido a profesionais do sector.

Serán 5 sesións sobre optimización de menús, take away, delivery, atención ao cliente online e conservación de produtos, da man de grandes especialistas como Miguel Silvarredonda ou o membro da familia QPC Javi Mos, profesional cunha longa traxectoria en comunicación e marketing.

As accións formativas impartiranse nas instalacións do Fórum Carballo, de 17.00 a 19.00 horas. A participación é gratuíta, e os/as profesionais do sector da hostalaría interesados/as en participar poden inscribirse a través do formulario da web municipal. Para información adicional e tamén para inscricións está dispoñible ademais o correo electrónico [email protected].

21 de novembro: Escandallo e optimización de menús

Miguel Silvarredonda imparte esta sesión para aprender a facer un bo escandallo dos produtos dun prato, saber os custes e minimizar os desperdicios.

22 de novembro: Atención ao cliente online e whatsapp business

Alberto Falcón ofrece ferramentas dixitais para unha mellor atención ao cliente.

28 de novembro: Conservación de produtos

Miguel Silvarredonda falará sobre envasado ao baleiro, novos gases de conservación e sistemas para almacenaxe.

29 de novembro: Como prepararnos para o delivey

Javi Mos afronta os pasos que hai que dar nas redes e nas canles de comunicación para que o teu servizo de comida para levar chegue correctamente ao cliente.

12 de decembro: Envases para take away

As últimas novidades de packaging.

Novas relacionadas

Comentarios