Luns. 29.04.2024
El tiempo

A comunidade senegalesa denuncia discriminación racial á hora de atopar unha vivenda de aluguer

Comunidade senegalesa en Carballo
A comunidade senegalesa denuncia discriminación racial á hora de atopar unha vivenda de aluguer

Son 170 persoas as que forman a comunidade senegalesa na capital de Bergantiños. Unha comunidade asentada, con xente que leva máis de 15 anos vivendo e traballando na zona, e, en moitos casos, considerados uns carballeses máis. 

Pero a burballa do alugueiro que sofre a vila, igual que acontece na Coruña, está provocándolles serias moitas dificultades para acceder a unha vivenda. Con esa petición acodiron ao Concello de Carballo, para falar co rexedor e a responsable da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade Maica Ures, para denunciar aínda que se declaran conscientes da existencia dun problema xeneralizado de falta de vivenda en réxime de alugueiro, no seu caso as trabas son aínda maiores como consecuencia da discriminación racial.

Alcalde e concelleira ofreceron toda a colaboración do Concello de Carballo para intentar buscar unha solución ao problema das familias senegalesas.

Ademais, o Concello valora outras medidas como a reactivación da bolsa municipal de alugueiro como un xeito de incentivar a ocupación da alta porcentaxe de vivendas baleiras que existen no noso concello. Deste xeito, desde o Concello ofreceranse todas as garantías aos propietarios e facilitarase o acceso a unha vivenda a familias que a precisen.

Comentarios